Ás veces, na nosa vida, existen momentos en
que non temos moito tempo para pensar e asimilar os cambios que están a suceder
ao noso redor e incluso no noso interior...
Entón, ficamos inseguros e cheos de
dúbidas... Non sabemos o que nos espera, non sabemos o que nos vai saír ao
camiño, diante nosa, non sabemos o que está por vir, nin sabemos que vai
acontecer connosco...
Pero non debemos de permanecer estáticos. Temos
que deixar de pensar no que xa foi, no que xa marchou... Temos que ser fortes e
deixar atrás o pasado coas súas lembranzas, moitas delas lindas, e mirar para diante...
Enfrontar a nova situación... Unha nova etapa está a piques de comezar... Non olles para trás... Continúa a camiñar, sempre coa mirada posta no futuro...
Sempre en frente...