domingo, 24 de febreiro de 2019

No Día De Rosalía, Galicia Encantada, 95.000 Grazas

Darvos 95.000 grazas por estar aí!!! No día de Rosalía lembrarnos dela, da súa poesía e de Galicia, a súa Galicia encantada!!!!
Lugar máis hermoso
non houbo na terra
que aquel que eu miraba,
que aquel que me dera.
Lugar máis hermoso
no mundo n'hachara
que aquel de Galicia,
¡Galicia encantada!
Rosalía de Castro

sábado, 2 de febreiro de 2019

Sopra O Vento Tamén No Meu Pensamento

Sopra O Vento, Sopra O Vento
Sopra o vento, sopra o vento,  
Sopra alto o vento alá fóra;
Tamén o meu pensamento
Ten un vento que o devora.
F. Pessoa