luns, 16 de outubro de 2017

Tristeza, Impotencia, Incomprensión E Palabras De Alento E Ánimo

Tristeza, impotencia, rabia, dolor, incomprensión… Todas elas son palabras que amosan claramente o estado de ánimo de moitos de nós.
A medida que vai pasando o tempo e vemos o que se viviu e aínda se está a vivir  nalgúns lugares e ante a imaxe desoladora que se nos ofrece, poderiamos engadir: catástrofe, calamidade, desesperación…
Tamén solidariedade, non cabe dúbida, co exemplo de miles de persoas que deixan a seguridade das súas casas para ir socorrer a quen está en perigo… E todo por culpa duns desalmados...
Dende Camelia Branca do Ar queremos deixar unha palabra de alento a todas as persoas que o están a pasar mal por toda esta caótica e dantesca situación. Poñémonos no seu pelexo e sabemos que ten que ser moi duro perder nuns minutos o que custou toda unha vida sacar adiante. E non falamos só dos bens materiais, que son moi importantes, senón tamén das vidas deses que quedaron no camiño e que nunca poderán voltar a disfrutar desta Nosa Marabillosa Natureza ¡que non podemos permitir que sigan destruíndo!
¡Moito ánimo, Galicia, Asturias e Portugal!