martes, 28 de febreiro de 2017

Sumerxidos No Entroido

Estes días que andamos
Todos sumerxidos
Na voráxine do Entroido
Véñenme á cabeza
Aquelas palabras
E tamén o ritmo
Que alguén cantou:
Non hai que chorar,
A vida é un carnaval!
E é que a vida
É moito máis bonita
Se se vive cantando!
E á música nós
Na nosa terriña
Unimos, claro está,
Un bo xantar:
O lacón e os grelos
Que ricos están!
E para adozarmos
Un pouco máis os nosos días
Orellas e filloas na pedra
Tan finas coma puntillas
Non podían faltar!