domingo, 31 de decembro de 2017

Feliz Ano Novo 2018 De Felicidade!

¡Feliz Ano Novo!
Camelia Branca do Ar desexa que o 2018 sexa para todos nós un ano de felicidade e moitos éxitos e nos permita acadar tódolos desafíos que se nos poñan por diante!

domingo, 24 de decembro de 2017

Xa Chega O Nadal! Feliz Nadal!

Xa chega O Nadal! A época en que parece que todo recibe un toque de maxia e fantasía! Ese tempo para Agradecer, Reflexionar e Celebrar. Feliz Nadal para todos, amigos e lectores!
 Clicar na imaxe para ver unha presentación de desexos navideños:
https://dd714125-a-62cb3a1a-s-sites.googlegroups.com/site/mcmoledogz2/Navidadg17-2.swf?attachauth=ANoY7crHGUOZOl4RXQ4h1La9D7VkpBCNQXou7HXvd1m2sRMkGKG3agN96iLMKw1dMa1ddrbpSTkmxKhJAUvY8ltAh9JR_cmgOwO1pkq0w2XNDNFA4fUiQ6jlHIytgnkJ82hiNR5v677rQt9nhBMufmFMcUqC45UXbC119p0dceAkS35wJGRttctOmtstpbEZmjZgMQGfR1sArNVS0tMgNN1595554tq8-w%3D%3D&attredirects=0

domingo, 17 de decembro de 2017

Mudanza Na Esencia E Pegadas Na Area

Aínda que hai persoas inmobilistas, non cabe dúbida de que a vida é unha constante mudanza!
Está no noso interior, na nosa esencia! E no transcurso dese cambiar imos deixando pegadas detrás nosa, igual que facemos ao camiñar pola area. Pegadas que outros seguirán para continuar na nosa estela e non ficar atrás!

domingo, 3 de decembro de 2017

Subir E Ver O Camiño

Hai veces en que andamos perdidos... Mas todo ten solución e non debemos dubidar en subir a onde sexa para mirar máis alá e ver o camiño a seguir. Seguro que o conseguimos!

sábado, 11 de novembro de 2017

luns, 16 de outubro de 2017

Tristeza, Impotencia, Incomprensión E Palabras De Alento E Ánimo

Tristeza, impotencia, rabia, dolor, incomprensión… Todas elas son palabras que amosan claramente o estado de ánimo de moitos de nós.
A medida que vai pasando o tempo e vemos o que se viviu e aínda se está a vivir  nalgúns lugares e ante a imaxe desoladora que se nos ofrece, poderiamos engadir: catástrofe, calamidade, desesperación…
Tamén solidariedade, non cabe dúbida, co exemplo de miles de persoas que deixan a seguridade das súas casas para ir socorrer a quen está en perigo… E todo por culpa duns desalmados...
Dende Camelia Branca do Ar queremos deixar unha palabra de alento a todas as persoas que o están a pasar mal por toda esta caótica e dantesca situación. Poñémonos no seu pelexo e sabemos que ten que ser moi duro perder nuns minutos o que custou toda unha vida sacar adiante. E non falamos só dos bens materiais, que son moi importantes, senón tamén das vidas deses que quedaron no camiño e que nunca poderán voltar a disfrutar desta Nosa Marabillosa Natureza ¡que non podemos permitir que sigan destruíndo!
¡Moito ánimo, Galicia, Asturias e Portugal!

sábado, 23 de setembro de 2017

Non Hai Camiño Fácil!

Ás veces na vida parécenos que non hai camiño fácil por onde pasar! Mais, sexa como sexa, rindo ou chorando, temos que seguir para diante! Hai moito, cousas e persoas polas que loitar! A que sí?

xoves, 17 de agosto de 2017

Noa Na Ofrenda Floral Á Virxe Peregrina 2017

O sábado 12 de agosto celebrouse na nosa cidade, Pontevedra, A Ofrenda Floral á Virxe Peregrina. E alá estabamos nós, claro!!!
Este ano eramos máis mulleres da familia a participar no evento.
Noa, a máis reciente incorporación, a que nos trae a todos loquiños non podía fallar!
E todas estabamos co sorriso de orella a orella por tela alí connosco.
A tía Mary, como tódolos anos, non fallou a unha tradición que mantén dende ben pequeniña!
A tía Conchy tamén quixo unirse a nós!
Este ano o vermello e o negro foron os protagonistas nas nosas roupas.
Nun desfile que comezou na Praza da Pedreira e que discorreu por diversas rúas da vila.
Coa mamá de Noa sempre a empurrar o carriño, toda chea, ela!
E sempre con ganas de troula!
Non deixamos de saudar a Valle Inclán que nin se inmutaba con tantas persoas a pasar á súa beira!
Pasamos pola Praza de Curros Enríquez.
Amenizados coa música dos nosos gaiteiros.
Admiramos unha das fontes con que o gran Sesmeros adornou A Boa Vila.
E albiscamos as características casas asoportaladas.
Adentrándonos na Rúa Manuel Quiroga.
Tamén pasamos diante do Teatro Principal.
Pisando o chan empedrado de Pontevedra.
Ás veces camiñabamos entre sol e sombra.
E outras a pleno sol.
Na Praza de España estaba xa todo preparado para disfrutar dos concertos.
E moitas persoas se agolpaban para vernos pasar.
Entramos xa na Rúa Michelena.
E nós sempre ao ritmo dos gaiteiros.
E ningunha de nós manifestaba signos de cansazo!
As flores dos nosos ramos amosaban variedade de colorido.
E eran livianiñas de levar.
Nesta rúa fixéronse bastantes paradiñas.
E os grupos comezaron a distanciarse.
Houbo un momento en que alcanzamos os 5 minutos de fama!!!
Fomos entrevistadas pola TVG!!!
E xa por fin puidemos ver a característica silueta da Capela da Peregrina.
Diante dela, na Praza da Peregrina, todo era animación e algarabía!!!
Collemos a Noa no colo.
Que con só cinco mesiños tamén levaba a súa ofrenda floral para a virxe.
E chegou o momento de acercarse a deixar as flores.
Todos queriamos inmortalizar o momento!
A nai de Noa toda feliz e contenta e a nena esperta, tranquila e segura no colo da nai!
Instantes de gran ledicia!
E emoción dentro do santuario.
O refuxio en forma de cuncha de vieira.
A avoa máis feliz de Pontevedra!
E parte do estranxeiro!!!
A madriña non quixo perder este momento da afillada.
E o fotógrafo non se cansaba de sacar fotos...
E máis fotos.
Verdade que está moi linda esta co cruceiro da Praza da leña?
A verdade é que é un marco incomparable!
E estes momentos nai e filla?
Preciosos!!!
A que si??
A gran protagonista do día tampouco se cansaba de disfrutar.
A Igrexa de San Bartolomé contemplounos regresando da emotiva xornada.
Para todos nós.
Pero sobre todo para esta ricura que mira todo cos ollos ben abertos.
E que despois de todo o vivido aínda estaba así de ben!!!!
 CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA OFRENDA