sábado, 10 de decembro de 2016

Pespuntear O Andamento Da vida

Quen me coñece sabe canto me gusta a música!

É algo que sempre lembro: eu ben pequeniña, a escoitar a voz da miña avoa.
Ela cantaba mentres ía cosendo o andamento da vida naquela máquina de coser que funcionaba co movemento da man. A súa man xiraba e xiraba ao ritmo do son que ela emitía.
E así na atmosfera do cuarto onde ela traballaba íanse ganduxando as notas das cancións de moda na época ao mesmo tempo que unha saia, unha camisa... tomaban forma na tela traspasada polas agullas.
Ee u alí, ao pé dela a tararear, ribetear e pespuntear...

Ningún comentario:

Publicar un comentario