venres, 30 de decembro de 2016

¡Feliz 2017 Cun Sorriso Nos Beizos!

Dedico a todos os nosos lectores e amigos un desexo risoño de que o ano novo 2017, que xa está aí, ás portas, veña repleto de deslumbrantes paisaxes e fermosos vieiros por percorrer.
 Que cada alborada, cando o sol está a nacer, se renoven as nosas forzas e ansias de continuar no camiño sempre cun sorriso nos beizos e paz no noso interior! 
¡FELIZ 2017!

sábado, 24 de decembro de 2016

Xa Chega O Nadal, Feliz Nadal!

Xa chega O Nadal, un tempo para agradecer, reflexionar e celebrar.
No Nadal xorden novos sentimentos e  refórzase a esperanza nun mañá mellor. ¡Polo Nadal saca o mellor dos teus sorrisos!¡E disfruta cos que máis queres! ¡Para O Nadal deséxoche felicidade! ¡Para o ano novo Prosperidade! ¡E para sempre unha boa amizade! Que neste Nadal se acendan as nosas pequenas luces, e podamos dicir de verdade:
¡Feliz Nadal!
CLICAR NA FOTO PARA QUE COMECE UNHA PRESENTACIÓN DE NADAL!
V
 Son os desexos de Camelia Branca do Ar para todos vós lectores e amigos nestas datas tan entrañables!

sábado, 10 de decembro de 2016

Pespuntear O Andamento Da vida

Quen me coñece sabe canto me gusta a música!

É algo que sempre lembro: eu ben pequeniña, a escoitar a voz da miña avoa.
Ela cantaba mentres ía cosendo o andamento da vida naquela máquina de coser que funcionaba co movemento da man. A súa man xiraba e xiraba ao ritmo do son que ela emitía.
E así na atmosfera do cuarto onde ela traballaba íanse ganduxando as notas das cancións de moda na época ao mesmo tempo que unha saia, unha camisa... tomaban forma na tela traspasada polas agullas.
Ee u alí, ao pé dela a tararear, ribetear e pespuntear...