No solpor do día,
Cando o ceo nos mostra
Toda unha paleta de cores sobre nós,
As estrelas van saíndo do seu aconchego.
E entón, hai certos momentos,
En que todo me parece romántico.
Toma certo encanto.
As árbores da paisaxe
Moven os brazos cal brancas pantasmas
E eu, conducindo cara á casa,
Déixome levar por esa estrada infinita,
Agora case solitaria,
Iluminada só de cando en vez
Polos faros dos solitarios coches,
Lucecús improvisados
Con lembranza de xogos de infancia.