mércores, 26 de novembro de 2014

Mañá Cincenta En Liberdade

Mañá cincenta, gris e de chumbo.
Nubes a descargar sobre min
O seu prezado líquido elemento.
Pingas de aceiro,
Mans cheas de dor
Por mor do frío reinante.           
Camiños por descubrir diante de min.
E eles alí, 
Figuras da néboa,
Pacendo tranquilos
A gozar de toda
A súa liberdade.

sábado, 22 de novembro de 2014

Voar Desde A Cima

Que bo é subir ata a cima.
Desde alí case podes tocar cada raiola do sol.
Desde alí ves todo a vista de paxaro.
Desde alí ti tamén podes voar.

sábado, 15 de novembro de 2014

Velero Á Deriva Ata Ti

Quixera ser ese velero á deriva, deixarme levar pola suavidade das ondas no mar. Así, partir sen rumbo nin destino fixo.

Arribar a unha praia deserta e esperar que a marea leve o meu corpo. Na area sentirei o calor do sol e a brisa levará de novo, cacho a cacho, a miña alma rasgada, ata onde ti estás.
Ti acollerasme no teu peito, e así, co teu abrazo, tornarei a ser un todo cheo de significado e poderei adormecer co arrecendo das ondas.

sábado, 8 de novembro de 2014

Se Me Ves Triste

Se algún día me ves triste, non me digas nada, tan só quéreme.  
Se me encontras na soidade da escura noite, non me preguntes nada, só acompáñame.
Se me miras e non te miro, non penses nada, compréndeme.
Se o que necesitas é amor, non teñas medo, ámame.
Pero se algunha vez deixaras de quererme, non me digas nada.
Lémbrame.
Mario Benedetti

martes, 4 de novembro de 2014

Ser Positivo E Agradecido

A vida é moi fráxil. Por iso é mellor ser positivo e agradecer por toda a beleza que podemos contemplar. A que si???