sábado, 25 de outubro de 2014

Cousas Boas

As cousas boas
Veñen cando
Estamos distraídos
              
Proverbio hindú

sábado, 18 de outubro de 2014

Lembrar Momentos Doces

Hai veces que nos empeñamos en lembrar cousas pasadas.
Por que será?
Eu penso que é algo que está dentro de nós.
Aferrámonos ao pasado porque é unha parte de nós
Que non queremos deixar atrás.
E hai memorias que é bonito recordar,
Memorias doces de feitos doces,
Que ficaron gravados na nosa mente
Quizás por iso,
Pola súa dozura...                                
E eses están permitidos,
Os do sal... déixaos atrás,
No morral do esquecemento.

xoves, 9 de outubro de 2014

O Desespero Do Silencio


Hai xente que pensa que o silencio é a mellor resposta para certas ocasións.
Ó mellor non deixa de ser verdade pero eu non concordo co silencio.
O silencio, ou mellor a falta de palabras desespérame por momentos.
      Cando queremos saber algo e non recibimos resposta quen non desepera?
Cando todo é incertidume e non atopamos quen nos dé unha aclaración quen non desespera?
Cando lanzas unha pregunta e non tes resposta, non desesperas?
Eu si, moitas veces, por iso eu non son das persoas que encontran no silencio a mellor resposta...
Prefiro mil veces a palabra...
Entón, xa sabes... Non fiques en silencio... Fálame!

sábado, 4 de outubro de 2014

Marabillas Da Alborada



De mañá, cando  deixamos atrás 
O agarimo do leito,
Hai veces que miramos ao noso redor
E só vemos marabillas...
O sol a nacer
nesa suave alborada sobre o río.
Ese río que continúa a levar
Correndo a auga cara ao mar.
No lenzo do ceo, 
O pintor está a usar        
Os vermellos, azuis, rosas...
E, así, coa maxia do seu pincel
Fai máis colorida a nosa xornada.