xoves, 31 de xullo de 2014

Bonitos Días De Verán

E que bonitos son estes días de verán! Levántaste ben cedo e o sol xa está aí para darche os bos días.
Os paxaros pían alegremente na miña xanela e as árbores do parque danme a súa sombra cando distraidamente por alí camiño. 

Paseo lentamente pola beira do mar deixando a auga salgada mollar os meus pés cansos de tan longa invernía.  
A miña pel apaña como pode algún reflexo dourado mentres no solpor o azul do ceo e do mar invita ás súas compañeiras as cores ir debruzarse no mar nun arco da vella infinito e inesperada testemuña do último baño do Sol.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario