xoves, 31 de xullo de 2014

Bonitos Días De Verán

E que bonitos son estes días de verán! Levántaste ben cedo e o sol xa está aí para darche os bos días.
Os paxaros pían alegremente na miña xanela e as árbores do parque danme a súa sombra cando distraidamente por alí camiño. 

Paseo lentamente pola beira do mar deixando a auga salgada mollar os meus pés cansos de tan longa invernía.  
A miña pel apaña como pode algún reflexo dourado mentres no solpor o azul do ceo e do mar invita ás súas compañeiras as cores ir debruzarse no mar nun arco da vella infinito e inesperada testemuña do último baño do Sol.
 

xoves, 24 de xullo de 2014

Poema Do Amigo Aprendiz

Quero ser o teu amigo. Nin demais e nin de menos.
Nin tan lonxe e nin tan preto.
Na medida máis precisa que eu puder.
Mas amarte sen medida e ficar na túa vida,
Da maneira máis discreta que eu souber.                              
Sen tirarte a liberdade, sen xamais te sufocar.
Sen forzar a túa vontade.                                                                    

Sen falar, cando for hora de calar.
E sen calar, cando for hora de falar.
Nin ausente, nin presente por demais.
Simplemente, calmamente, serte paz.
É bonito ser amigo, mais confeso é tan difícil aprender!
E por iso eu te suplico paciencia.
Vou encher este teu rostro de lembranzas,
Dáme tempo, de axustar as nosas distancias...
Fernando Pessoa

sábado, 19 de xullo de 2014

Apreciar As Flores, O Solpor, A Herba, A Terra, A Vida

E nos tempos estes que corren tan axitados, nada tranquilos, pasamos a vida así como estando nunha carreira constante.
E hai tantos e tantos días en que non nos decatamos do sorprendente que a vida pode ser.
Deberiamos deternos un pouco, andar máis devagar e reparar naquilo que temos ao noso redor. Entón apreciariamos a beleza da senda pola que camiñamos, sentiriamos o cheiro da terra en días de chuva, o arrecendo da herba recén segada, o aroma das flores do xardín ou do campo.
Fagamos iso, e sentemos máis veces a contemplar a marabilla do solpor reflexado nas nosas rías!

martes, 15 de xullo de 2014

Vivir Sempre No Presente

Ás veces vemos xente moi preocupada co que vai vir, co que vai pasar.
Outras hai que só fan lembrar o que aconteceu en épocas pasadas. E fan do “calquera tempo pasado foi mellor” o seu canto de guerra.
Eu prefiro vivir o presente, o agora. Gústame andar cos tempos. Vivir o momento é o que importa.
Porque como xa ben dicía F. Pessoa: “Vivo sempre no presente. O futuro, non o coñezo. O pasado, xa non o teño”.

xoves, 10 de xullo de 2014

Desexo De Vencer

Nas grandes batallas da vida, o primeiro paso para a vitoria é o desexo de vencer.
Mahatma Gandhi

venres, 4 de xullo de 2014

A Maxia E Beleza Das Flores

Hai veces que esquecemos iso de que a vida son dous días e non gozamos plenamente do que acontece ao noso redor. Pero se hai unha gran verdade é esa. Non somos eternos, nin moito menos. Como quen di estamos aquí para unha visita rápida. Por iso non hai dúbida de que cada momento é de ouro.

Por iso, meu amigo, non esquezas de mirar para diante e tamén aos lados. Alí tamén hai cousas fermosas, alí tamén hai maxia, alí está a beleza das flores. Non pases sen admiralas, non deixes esquecer o seu arrecendo, chéiraas e lévaas contigo para sempre!