sábado, 10 de maio de 2014

Hoxe Día Mundial Do Lupus

E hoxe, coma cada 10 de maio, celebramos o día mundial do Lupus.
O lupus é unha doenza rara aínda descoñecida para milleiros de persoas. Por iso esta data, para dala a coñecer ao mundo enteiro.
Eu, todos os anos, neste día procuro contribuír co meu pequeno gran de area. O que sei do Lupus é que é unha enfermidade crónica, autoinmune e inflamatoria, que presenta síntomas moi diferenciados segundo as persoas e en varios órganos. Estes síntomas están ocasionados por un desequilibrio no sistema inmunolóxico, facendo que o corpo desenvolva anticorpos contra as súas propias células.
O nome Lupus, venlle dado polo feito de que un médico francés, Pierre Lazenave, alá polo 1851, decatouse de que os doentes con esta doenza presentaban pequenas feridas na pel coma as producidas pola trabada dun lobo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario