mércores, 28 de maio de 2014

Amizade Para Sempre

A flor máis fermosa perde un día a súa beleza. Pero unha amizade fiel dura para sempre.    
Antonio Machado

mércores, 21 de maio de 2014

Folla Baleira, Sen Palabras

E hoxe quero escribir pero as palabras non me saen.
Séntome diante da folla tentando buscar ideas e pensamentos... Pero todo é en van. 
A folla permanece inalterable na súa brancura de neve... 
E é que estou baleira por dentro... Síntome sen ideas... 
Mas eu quixera tantas cousas poder dicir, poderche contar... 
Pero ti non estás e a túa ausencia só consegue que eu fique calada, muda, soa neste profundo tedio que me invade.

mércores, 14 de maio de 2014

Xosé María Díaz Castro: Coma Un Río

E xa está aí, á porta o Día Das letras Galegas. Ese día en que conmemoramos a publicación de “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro e homenaxeamos a unha figura das nosas letras.
Este ano tocoulle esa honra ao poeta Xosé María Díaz Castro
Nado na parroquia de Os Vilares, concello de Guitiriz, é autor dunha soa obra: "Nimbos". 
Nela vemos a súa preocupación por Galicia, o paso do tempo, a vida e a morte...
Déixovos esta pequena grabación dun poema seu. Esta é a miña particular homenaxe á súa obra: Coma Un Río

sábado, 10 de maio de 2014

Hoxe Día Mundial Do Lupus

E hoxe, coma cada 10 de maio, celebramos o día mundial do Lupus.
O lupus é unha doenza rara aínda descoñecida para milleiros de persoas. Por iso esta data, para dala a coñecer ao mundo enteiro.
Eu, todos os anos, neste día procuro contribuír co meu pequeno gran de area. O que sei do Lupus é que é unha enfermidade crónica, autoinmune e inflamatoria, que presenta síntomas moi diferenciados segundo as persoas e en varios órganos. Estes síntomas están ocasionados por un desequilibrio no sistema inmunolóxico, facendo que o corpo desenvolva anticorpos contra as súas propias células.
O nome Lupus, venlle dado polo feito de que un médico francés, Pierre Lazenave, alá polo 1851, decatouse de que os doentes con esta doenza presentaban pequenas feridas na pel coma as producidas pola trabada dun lobo. 

mércores, 7 de maio de 2014