sábado, 5 de abril de 2014

Pensar en ti, Cris!

Hai momentos en que procuro non pensar en ti...
Pero hai outros en que, inevitablemente, ti xordes de repente, e, tal e como a nena teimosa e persistente que sempre fuches, non queres saír deles.
E lembro aquela nena nerviosa, estudosa e boa bailarina... E lembro aquela nena que corría asustada detrás do meu coche e tamén contenta porque xa non estaba perdida...
E é entón cando xa non podo máis e as bágoas aparecen no recanto dos meus ollos.
Eu, tamén teimosa, non quero deixalas saír... Hai veces que consigo facelo, pero outras...
Ai, outras... É só dicir o teu nome... E...desbordan como as augas dun río que quixeran ir ao teu encontro...
Pero cara aonde irán elas?
Hai tanto tempo que non sabemos de ti, que nin sabemos por onde ti andas...
E eu debátome nun mar de desesperos... E eu, ti sabes, sempre mal nadadora, non son quen de librarme desas augas turbulentas...
Ti sabes que quixeramos saber de ti!
Oxalá estas palabras cheguen a ti, Cris! 
A ti, A miña Quicho!

3 comentarios: