sábado, 8 de febreiro de 2014

Vivir O Regalo Da Vida

Quixera poder ser como algunha desas persoas que nin senten nin padecen, que dá igual o que aconteza ao seu redor, nunca se alteran, todo lles esvara...
Eu non podo ser así... Teño dentro tanto sentimento que necesito expresar o que me vai por dentro en calquera das situacións que me toca vivir.
Botar para fóra, os bos sentimentos, iso é fácil. Mesmo parece que a todo o mundo lle gusta ver á xente feliz, desfrutando da vida...
Mas... E a rabia contida que nos corre polas veas cando nos sentimos desilusionados? E a dor de sentirse traizoado??? E a tristura que se marca na nosa cara e que quita brillo ao noso ollar cando un amigo nos deixa de lado???
Pois tamén terei que aprender a lidar con iso... Terei que pasar a folla dese capítulo do libro da miña vida!!!
O que non penso facer é deixar de vivir a vida... Porque a vida é o noso mellor regalo!!! Claro que sí!!! E a pesar de todas as zancadiñas e as trampas que nos queiran poñer ao noso paso, a vida é fermosa, hai que vivila e saborear todos e cada un dos moitos motivos que temos para ser felices!!! ¡Tantos!!!!!

5 comentarios:

  1. a camelia e unha flor preciosa eu fun hace dous anos haber a exposición das camelias e encantoume.

    ResponderEliminar
  2. Pois xa somos dúas , Sandra! A min tamén me encantan as camelias, por iso o meu blogue se chama así como se chama: Camelia Branca Do Ar...

    ResponderEliminar
  3. o teu blogue é moi chulo dos que vin eu este é o mellor a parte do das aguias de lume

    ResponderEliminar
  4. camelia branca do ar e o mellor bloge do mundo

    ResponderEliminar
  5. Ola Sandra, Alicia e Inés
    Moitas grazas, alégrome moite de que vos guste o meu blogue Camelia Branca Do ar
    Faise o que se pode... :-)
    Bicos para as tres
    Mary Carmen

    ResponderEliminar