E ti sabes que ti es quen me pon a funcionar.Ti
sabes que todo o que eu fago, fágoo por ti. Ti es a fonte da miña inspiración.
Por ti fago todo o que eu fago. Por ti é que eu quero brillar, destacar... E
parece que iso funciona. A túa presenza na miña vida faime ser o que hoxe
son... E ti sabes que todo iso é por ti... Ti es a miña inspiración e o meu
segredo...Por ti eu, aínda hoxe, son Camelia Branca Do Ar...
martes, 25 de febreiro de 2014
martes, 18 de febreiro de 2014
Un Forte No Océano Do Esquecemento
Xa lles pasou estar nun lugar en compañía de
algunhas persoas e sentiron que estaban de máis? Que sensación tan rara esa de saber que se está
presente pero que somos como seres invisibles a quen os demais nin ven, nin oen,
nin teñen en conta, verdade?
E neses momentos un pregúntase que debe
facer...
E nun primeiro momento decidimos ficar e ver
se as cousas mudan, se os ventos cambian e sopran favorables para nós... Pero
iso non acontece, mais aínda así, resistímonos a abandonar e non tiramos a
toalla. Continuamos a loita para mostrar que estamos alí, que tamén sabemos,
que tamén queremos opinar...
Mas é batalla perdida, cando os outros non
queren é un loitar imposible contra os elementos... Somos como un forte abandonado
no mar, rodeado pola infinidade da ignorancia...
Así que tomamos a decisión de recuar, de tirar
todo pola borda e abandonamos o barco... Que outro colla o temón... Nós simplemente
mergullamos nas ondas do océano do esquecemento...
venres, 14 de febreiro de 2014
Amor Todos Os Días
E disque hoxe é o día dos namorados...
O amor celébrase todos os días, nese constante
apoio mutuo...
Porque eu creo que
Hai amor nos bos días de cada mañán,
Hai amor no bico de boa noite,
Hai amor nas palabras de ánimo
Cando as nubes
da tristura
Ocultan o sol do noso ceo.
Hai amor tamén no silencio comprensivo,
Hai amor no esquecemento dos erros,
Hai amor na complicidade,
Nese entendemento sen palabras.
Hai amor na compañía do día a día
Hai amor... No amor...
sábado, 8 de febreiro de 2014
Vivir O Regalo Da Vida
Quixera poder ser como algunha desas persoas
que nin senten nin padecen, que dá igual o que aconteza ao seu redor, nunca se
alteran, todo lles esvara...
Eu non podo ser así... Teño dentro tanto
sentimento que necesito expresar o que me vai por dentro en calquera das
situacións que me toca vivir.
Botar para fóra, os bos sentimentos, iso é fácil. Mesmo parece que a todo o mundo lle gusta ver á xente feliz, desfrutando da
vida...
Mas... E a rabia contida que nos corre polas
veas cando nos sentimos desilusionados? E a dor de sentirse traizoado??? E a
tristura que se marca na nosa cara e que quita brillo ao noso ollar cando un
amigo nos deixa de lado???
Pois tamén terei que aprender a lidar con
iso... Terei que pasar a folla dese capítulo do libro da miña vida!!!
O que non penso facer é deixar de vivir a
vida... Porque a vida é o noso mellor regalo!!! Claro que sí!!! E a pesar de
todas as zancadiñas e as trampas que nos queiran poñer ao noso paso, a vida é
fermosa, hai que vivila e saborear todos e cada un dos moitos motivos que temos
para ser felices!!! ¡Tantos!!!!!
sábado, 1 de febreiro de 2014
Fuxir, Escapar Do Noso Destino
E hai días en que só queremos saír
Sen un destino fixo...
Sen un destino fixo...
Escapar á nosa rutina.
E alá marchamos,
Sen rumbo,
Pensando evadirnos
daquilo que nos oprime.
Pensando Esquecer
E deixar atrás aquilo
Que nos pesa na alma...
Pero, ás veces,
O camiño non nos deixa continuar.
Impídenos seguir...
E será que non era por aí?
Ou será que non
Podemos escapar
Ó noso Destino???
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)