martes, 28 de xaneiro de 2014

A Fortuna De Ser Feliz

Hai quen di que para ser feliz basta con querer ser feliz.
Non vou ser eu quen diga que isto non é verdade… Antes de nada está a vontade de cada un, e despois todo o demais...
Pero ás veces non somos nós sós a decidir a nosa vida.
Non somos nós sós a levar as rendas do noso destino.
Si, ti fas todo o posible para ser feliz, pero chega a deusa fortuna e decide o contrario… Ás veces disfrazada de falsos amigos que din que queren axudar, que por diante ofrécenche a súa axuda,  pero que á  mínima déixante na estacada e incluso veñen e por detrás danche a puñalada… 
E sintes pena... Pena desas personas que non saben valorar unha amizade verdadeira e que estragan anos de partillar confidencias e ledicias, así, polas boas... 
Entón a túa decisión de ser feliz fica aprazada … 
Xa serás feliz outro día …

3 comentarios:

  1. que bonita margarida ,con ela soy feliz

    ResponderEliminar
  2. A min tamén me gusta moito esta margarida! Era un día de chuva e as pingas están aí!

    ResponderEliminar
  3. Que bonita es a margarida eu sentó que esta no meu corazón.

    ResponderEliminar