martes, 30 de decembro de 2014

Feliz 2015 De Serenidade E Paz!

Desde Camelia Branca do Ar deséxovos un Feliz Ano 2015! Que este novo ano que está aí, desde a súa alborada nos traia Serenidade e Paz!
       Que non nos falten motivos para rir ou simplemente sorrir e deixar saír toda a ledicia que levamos no noso corazón. Que o cariño permaneza e que as cousas boas se multipliquen. Que non nos falten o afecto e o amor e que non nos esquezamos da forza que hai no noso interior para seguir camiñando neses días non tan bos.
Que poidamos sacar todo o proveito a este camiño que é a vida e que o noso compás nos oriente sempre para gozar de todo o bo que hai nel. Que os nosos pasos nos acerquen a acadar os nosos soños e conquistar novas metas.
E, sobre todo, que non deixemos pasar un só día sen abrazar a vida. ¡A Vida é fermosa, vívea!

sábado, 27 de decembro de 2014

Décima Ao Neno Durmido En Amor

Décima Ao Neno Durmido En Amor

Ábreseme o corazón,
Ollando O Neno no berce.
Obsérvao un paxariño,
Mimado coa súa paixón.
Tenue é a luz do recuncho
Que modula a súa dozura,  
Durmido na noite pura. 
O paxariño cántalle, 
Rechouchía coa súa garganta 
Os seus trémolos de fermosura.
Antonio Cordero Pinedo

luns, 22 de decembro de 2014

Xa É Nadal! Feliz Nadal De Ledicia E Amizade!

E xa está aquí O Nadal.  E con el chega a ledicia deses días en que todos evocamos a tenrura do pasado, o  valor do presente e a esperanza dun futuro mellor.
E en Camelia Branca do Ar tamén é Nadal. E desde aquí desexo que no Nadal e sempre, adornemos o noso interior e a árbore da nosa vida con grilandas de amizade e tamén de gratitude por todo o que temos vivido e conseguido ata agora. Que decoremos o noso ollar coa luz da ilusión. Que en cada caixa de agasallos envolvamos tamén unhas frangullas de tenrura, de reconciliación, de amor e de perdón.
As sorpresas da vida espérannos no camiño. ¡Cun sorriso na cara saiamos ao seu encontro!
CLICADE NA FOTO E VEDE OS MEUS DESEXOS PARA TODOS VÓS, SEGUIDORES E AMIGOS:
N
¡Xa É Nada!¡Feliz Nadal!

sábado, 13 de decembro de 2014

Ouro De Outono, Amor De Camelia

E hoxe déixovos uns versos dun amigo meu andaluz:

Coma unha rosa formal...
Sorpréndete en lúa e media,
É bastante orixinal,
Ouro de outono que dá O
O amor dunha camelia.                             
Antonio Cordero Pinedo

xoves, 4 de decembro de 2014

Monotonía Nos Cristais Da Xanela

                Monotonía e tedio
Nestas tardes de outono.

Tras os cristais da miña xanela
Non está a chuva
Dos versos de Machado.
Tampouco estás ti.
    Ti...
Quen sabe que é de Ti?
Quen sabe por onde andarás?
Ti...
Sorrís para a vida?
           Ti... Es  feliz?

mércores, 26 de novembro de 2014

Mañá Cincenta En Liberdade

Mañá cincenta, gris e de chumbo.
Nubes a descargar sobre min
O seu prezado líquido elemento.
Pingas de aceiro,
Mans cheas de dor
Por mor do frío reinante.           
Camiños por descubrir diante de min.
E eles alí, 
Figuras da néboa,
Pacendo tranquilos
A gozar de toda
A súa liberdade.

sábado, 22 de novembro de 2014

Voar Desde A Cima

Que bo é subir ata a cima.
Desde alí case podes tocar cada raiola do sol.
Desde alí ves todo a vista de paxaro.
Desde alí ti tamén podes voar.

sábado, 15 de novembro de 2014

Velero Á Deriva Ata Ti

Quixera ser ese velero á deriva, deixarme levar pola suavidade das ondas no mar. Así, partir sen rumbo nin destino fixo.

Arribar a unha praia deserta e esperar que a marea leve o meu corpo. Na area sentirei o calor do sol e a brisa levará de novo, cacho a cacho, a miña alma rasgada, ata onde ti estás.
Ti acollerasme no teu peito, e así, co teu abrazo, tornarei a ser un todo cheo de significado e poderei adormecer co arrecendo das ondas.

sábado, 8 de novembro de 2014

Se Me Ves Triste

Se algún día me ves triste, non me digas nada, tan só quéreme.  
Se me encontras na soidade da escura noite, non me preguntes nada, só acompáñame.
Se me miras e non te miro, non penses nada, compréndeme.
Se o que necesitas é amor, non teñas medo, ámame.
Pero se algunha vez deixaras de quererme, non me digas nada.
Lémbrame.
Mario Benedetti

martes, 4 de novembro de 2014

Ser Positivo E Agradecido

A vida é moi fráxil. Por iso é mellor ser positivo e agradecer por toda a beleza que podemos contemplar. A que si???

sábado, 25 de outubro de 2014

Cousas Boas

As cousas boas
Veñen cando
Estamos distraídos
              
Proverbio hindú

sábado, 18 de outubro de 2014

Lembrar Momentos Doces

Hai veces que nos empeñamos en lembrar cousas pasadas.
Por que será?
Eu penso que é algo que está dentro de nós.
Aferrámonos ao pasado porque é unha parte de nós
Que non queremos deixar atrás.
E hai memorias que é bonito recordar,
Memorias doces de feitos doces,
Que ficaron gravados na nosa mente
Quizás por iso,
Pola súa dozura...                                
E eses están permitidos,
Os do sal... déixaos atrás,
No morral do esquecemento.

xoves, 9 de outubro de 2014

O Desespero Do Silencio


Hai xente que pensa que o silencio é a mellor resposta para certas ocasións.
Ó mellor non deixa de ser verdade pero eu non concordo co silencio.
O silencio, ou mellor a falta de palabras desespérame por momentos.
      Cando queremos saber algo e non recibimos resposta quen non desepera?
Cando todo é incertidume e non atopamos quen nos dé unha aclaración quen non desespera?
Cando lanzas unha pregunta e non tes resposta, non desesperas?
Eu si, moitas veces, por iso eu non son das persoas que encontran no silencio a mellor resposta...
Prefiro mil veces a palabra...
Entón, xa sabes... Non fiques en silencio... Fálame!

sábado, 4 de outubro de 2014

Marabillas Da Alborada



De mañá, cando  deixamos atrás 
O agarimo do leito,
Hai veces que miramos ao noso redor
E só vemos marabillas...
O sol a nacer
nesa suave alborada sobre o río.
Ese río que continúa a levar
Correndo a auga cara ao mar.
No lenzo do ceo, 
O pintor está a usar        
Os vermellos, azuis, rosas...
E, así, coa maxia do seu pincel
Fai máis colorida a nosa xornada.

sábado, 27 de setembro de 2014

Soños Por Acadar

Todos temos soños...
Ás veces algúns deses soños chegan a cumplirse
Pero todos temos algún soño aínda por acadar.
Entón é cando xorden ao noso lado
Voces que queren facernos desistir.
Insisten en que abandonemos,
Que tiremos a toalla
Pois xa chegamos tarde.
A vida é curta, repiten,
E xa perdíche-lo tren...
Mas nós, xordos a esa música,
Continuaremos o noso sendero
A cantar os nosos propios sons.
Non importa o que nos griten,
Os soños están intactos
A esperar ser alcanzados!

martes, 23 de setembro de 2014

Grazas Por Estar Aí!

E hoxe o blogue Camelia Branca do Ar acadou as 50.000 visitas. Moitas Grazas a todos por estar aí!

sábado, 20 de setembro de 2014

Luscofusco De Verán

O sol xa vai indo
Neste suave luscofusco de hoxe,
O último do verán.
Atardece e eu estou aquí
Na ventá, a ver 
a lembranza pasar.
Estou soa,
Sen compañía.                                      
Pero estou ben,
Gústame estar así.                     
A alma chea 
de sentimentos alegres
E eu reencontrándome
Co interior de min mesma.
Esa parte, oculta, lonxana
Pero non esquecida.
É nestes momentos
Apacibles e calmos,
Cando ata ela podo viaxar.

domingo, 14 de setembro de 2014

O Mar Cautiva E Fascina

O Mar... Sempre o mar...
E que será que ten o mar que tanto me atrae??
Será o acompasado son do ir e vir das ondas?
Será o embravecido chocar da auga
Contra as rochas dos cantís?
Que é o que hai nel que atrapa 
Todos os meus sentidos?  
Será o azul que inunda todo?
Será o seu salgado sabor?
Ou será por acaso o seu peculiar arrecendo?
Ou se cadra é a suavidade do seu manto
Que me envolve docemente?
Non... Saber non sei o que é...
Só sei que con vento,
Con chuva ou con sol
El sempre me cautiva e me fascina!!!

sábado, 6 de setembro de 2014

Trasnos E Dragóns Na Pontevedra Medieval

Alá estaba eu toda tranquila paseando pola Pontevedra de comezos de setembro, esa Pontevedra que da noite para a mañá dá un salto no tempo e atópase mergullada en plena Idade Media, a celebrar a Feira Franca.
Mas de repente pareceume escoitar un son, algo así como Tchisss...
Parecíame raro pois a carón de min non estaba ninguén... Pero ao pouco volveu o son: Tchisss...
Curiosa, decidín averiguar o que o producía. Pero por moito que miraba non daba coa solución...
E xa estaba a piques de pedir papas, cando do oco dunha das árbores da alameda, vin saír unha pequena cabeza cuberta cun chapeu amarelo, deses rematados en punta. E detrás do sombreiro viñan unhas orellas tamén puntiagudas, desas coma as dos trasnos...
¿Trasnos?? Si, si, trasnos... E é que, para a miña sorpresa, era un trasno o que estaba a chamar a miña atención!!!
El quería falar comigo e así o fixo... Pero... Se queredes saber o que me contou, teredes que esperar unha mellor ocasión. E é que agora vai dar comezo o Torneo Medieval e non o podo perder!!!
Ah! E coidado cos dragóns que andan soltos pola vila... Algúns, son un encanto... Pero outros están que botan lume!!!

sábado, 30 de agosto de 2014

Un Mundo Cheo de Maxia

Ven, ven!
Non teñas medo!

Entra comigo neste mundo
cheo de flores de todas as cores.
Este mundo
cheo de música:
a do vento,
a facerlle cóxegas ás follas,
a do rechouchíos dos paxaros,
cando voltan, ledos aos seus niños...
Este mundo
cheo da auga, de ríos, de fontes,
de lagoas e fervenzas.
Ven, ven!
Entra comigo
E así xa saberás
o que é a maxia de verdade!

mércores, 27 de agosto de 2014

Facer o propio camiño

“Os camiños non están feitos,
É andando que cada un de nós fai
O seu propio camiño.”

José Saramago                                           


domingo, 17 de agosto de 2014

¡Feliz Cumpleaños, Cris!

Y hoy es el día de tu cumpleaños. Sabes que no nos olvidamos y que siempre nos acordamos de ti.
¡Feliz Cumpleaños, Cris!
¡Cumpleaños Feliz! ¡Cumpleaños Feliz!
⊱✿◕‿◕✿⊰✿⊱✿⊱ ✿⊱✿⊱♫¨✿⊱⊱✿◕‿◕✿⊰

mércores, 13 de agosto de 2014

Festas Da Peregrina Pontevedra 2014

E a estas alturas os pontevedreses e demais persoas que por acá se acercan estamos inmersos en plenas festas da Peregrina.
E é que todos os anos a partir do segundo sábado de agosto dáse o chupinazo de comezo destas festas tan sonadas.
Comézase na Praza da Pedreira coa lectura do pregón  desde o balcón do Pazo de Mugartegui.
E despois celébrase o traslado da carroza da Virxe ata o Santuario da Peregrina.
Non pode faltar a ofrenda de flores á Padroeira da nosa provincia, onde participan as familias ataviadas coas roupas tradicionais.
E despois todo é ledicia e xa o que queda é só gozar destes días festivos na nosa bonita cidade, Pontevedra.
 Vinde e Veredes! Pontevedra É Boa Vila, Dá de Beber A Quen Pasa...
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS

venres, 8 de agosto de 2014

xoves, 31 de xullo de 2014

Bonitos Días De Verán

E que bonitos son estes días de verán! Levántaste ben cedo e o sol xa está aí para darche os bos días.
Os paxaros pían alegremente na miña xanela e as árbores do parque danme a súa sombra cando distraidamente por alí camiño. 

Paseo lentamente pola beira do mar deixando a auga salgada mollar os meus pés cansos de tan longa invernía.  
A miña pel apaña como pode algún reflexo dourado mentres no solpor o azul do ceo e do mar invita ás súas compañeiras as cores ir debruzarse no mar nun arco da vella infinito e inesperada testemuña do último baño do Sol.
 

xoves, 24 de xullo de 2014

Poema Do Amigo Aprendiz

Quero ser o teu amigo. Nin demais e nin de menos.
Nin tan lonxe e nin tan preto.
Na medida máis precisa que eu puder.
Mas amarte sen medida e ficar na túa vida,
Da maneira máis discreta que eu souber.                              
Sen tirarte a liberdade, sen xamais te sufocar.
Sen forzar a túa vontade.                                                                    

Sen falar, cando for hora de calar.
E sen calar, cando for hora de falar.
Nin ausente, nin presente por demais.
Simplemente, calmamente, serte paz.
É bonito ser amigo, mais confeso é tan difícil aprender!
E por iso eu te suplico paciencia.
Vou encher este teu rostro de lembranzas,
Dáme tempo, de axustar as nosas distancias...
Fernando Pessoa

sábado, 19 de xullo de 2014

Apreciar As Flores, O Solpor, A Herba, A Terra, A Vida

E nos tempos estes que corren tan axitados, nada tranquilos, pasamos a vida así como estando nunha carreira constante.
E hai tantos e tantos días en que non nos decatamos do sorprendente que a vida pode ser.
Deberiamos deternos un pouco, andar máis devagar e reparar naquilo que temos ao noso redor. Entón apreciariamos a beleza da senda pola que camiñamos, sentiriamos o cheiro da terra en días de chuva, o arrecendo da herba recén segada, o aroma das flores do xardín ou do campo.
Fagamos iso, e sentemos máis veces a contemplar a marabilla do solpor reflexado nas nosas rías!

martes, 15 de xullo de 2014

Vivir Sempre No Presente

Ás veces vemos xente moi preocupada co que vai vir, co que vai pasar.
Outras hai que só fan lembrar o que aconteceu en épocas pasadas. E fan do “calquera tempo pasado foi mellor” o seu canto de guerra.
Eu prefiro vivir o presente, o agora. Gústame andar cos tempos. Vivir o momento é o que importa.
Porque como xa ben dicía F. Pessoa: “Vivo sempre no presente. O futuro, non o coñezo. O pasado, xa non o teño”.

xoves, 10 de xullo de 2014

Desexo De Vencer

Nas grandes batallas da vida, o primeiro paso para a vitoria é o desexo de vencer.
Mahatma Gandhi

venres, 4 de xullo de 2014

A Maxia E Beleza Das Flores

Hai veces que esquecemos iso de que a vida son dous días e non gozamos plenamente do que acontece ao noso redor. Pero se hai unha gran verdade é esa. Non somos eternos, nin moito menos. Como quen di estamos aquí para unha visita rápida. Por iso non hai dúbida de que cada momento é de ouro.

Por iso, meu amigo, non esquezas de mirar para diante e tamén aos lados. Alí tamén hai cousas fermosas, alí tamén hai maxia, alí está a beleza das flores. Non pases sen admiralas, non deixes esquecer o seu arrecendo, chéiraas e lévaas contigo para sempre! 
 

xoves, 26 de xuño de 2014

Todos Os Días Sae O Sol.

Todos os días sae o sol. Ás veces está unha migalla escondido detrás do seu manto de nubes, pero el sempre está aí.
E que bonitos son os días en que podemos simplemente respirar, sentir o arrecendo das flores, achegarnos á beira do mar, mollar os pés na auga salgada, escoitar o bater constante das ondas contra as rochas impasibles, canturrear a nosa melodía preferida, e facer competencia co rechouchío dos paxaros, eses que todas as primaveras veñen facer o seu niño preto da miña ventá.
Fermosas son as alboradas, sosegadas son as noites. Antes, no luscofusco, o sol escapa melancólico. O ceo borda a súa capa de estrelas e a lúa, ciumenta, non quere ficar atrás e escacha a rir coa súa cara moi chea a relucir sobre nós.

sábado, 21 de xuño de 2014

O Mellor Está Por Vir

E hai veces en que sentimos que os demais xa non contan connosco.
Veces en que os amigos para os que sempre fomos porto seguro onde eles atracaban o barco das súas dúbidas, fan como se nós non estivésemos xa presentes. Podemos dicir que nos voltamos invisibles aos ollos daqueles nos que tanto confiabamos. E é entón que sentimos que estamos de máis, que alí sobramos.
E tamén hai veces en que nos rexeitamos a crer que sexa así, non queremos acreditar que iso está a pasar. Teimamos en que todo continúe igual. Resistímonos a abandonar esas persoas, que xa non miran para nós, que xa non buscan a nosa axuda, o noso parecer.
É duro, é difícil, pero o mellor é iso, abandonar, claudicar, tomar a iniciativa de buscar novos horizontes, novas amizades, novos camiños, novos destinos por descubrir.
Eles son os que perden, nós non, nós temos todo por gañar.
E para nós, o mellor aínda está por vir.

mércores, 18 de xuño de 2014

Benvido Sexas, SOL!

E...Siii!
Por fin chegaron uns días de sol!
Uns días en que podemos ollar para o ceo e ver o sol, capitán redondo, alí, no alto brillando no seu esplendor!
E é que todos estabamos a precisar de un baño de sol! Un baño que nos trae alegría para o rostro e quecemento para o noso ánimo!
Un sol que é praia, que é agarimo, que é colorido, que é amor, que é vida, que é iso: SOL!
Por iso: Benvido sexas, SOL! 
Fica uns días máis connosco!

sábado, 14 de xuño de 2014

Sol A Brillar No Ceo E Flores No Camiño

Non sempre estamos contentos. Non sempre pasamos a vida a rir...
Hai días en que a nube negra da tristeza invade o noso horizonte e faise presente no noso ceo.
Só queremos ficar illados, non queremos que o mundo colorido saiba da paleta de grises que nós, torpes aprendices de pintores, estamos a manexar.
Non queremos nin sentir o doce sopro do vento e fechamos portas e xanelas para que non entre nin a máis leve brisa.
E é entón que necesitamos unha man amiga que nos repinte de azul o noso ar. Un sorriso doce que alonxe todas as melancolías. Alguén que nos encha o camiño de flores coloridas. Unha persoa que nos faga ver outra vez o sol que está sempre aí a brillar para nós.
 Claro que está!

xoves, 12 de xuño de 2014

45.000 Visitas E 45.000 Grazas!

E así, case sen querer, Camelia Branca do Ar chega ás 45.000 visitas. E todo isto grazas a vós, que estades aí un día sí, e outro tamén. Por iso hoxe só quero dicir: Grazas!
 
Grazas por deixarme compartir convosco a miñas cousas, ideas, pensamentos e divagacións... Grazas por ofrecerme o agasallo da vosa visita día a día. Moitas Grazas!

sábado, 7 de xuño de 2014

O Meu Pensamento: Veleiro Incansable


Chove fóra! E eu continúo acá dentro, prisioneira dos meus achaques.
Chove fóra! Non podo saír. Desde a miña xanela vexo a xente correr debaixo dos paraugas.
Chove fóra! E o meu pensamento non quere ficar prisioneiro comigo.
El, veleiro incansable sobre o mar azul, sóltase das súas amarras e voa libremente cal gaivota no ar.
Chove fóra! Mas a miña imaxinación xa está cos pés mollados a correr na area salgada da praia.
Chove fóra! Pero todo o meu ser está a sentir. Sentir o arrecendo do mar. Escoitar o rouco son do bater incesante das ondas contra as rochas. Música que leva con ela todos os meus pesares, a miña melancolía.

mércores, 28 de maio de 2014

Amizade Para Sempre

A flor máis fermosa perde un día a súa beleza. Pero unha amizade fiel dura para sempre.    
Antonio Machado