Cada noite eu chorando pensaba……
Que esta noite tan grande non fora,
Que durase……e durase antre tanto
Que a noite das penas
Me envolve loitosa.
.........................................................
Desde estonces busquei as tiniebras
Mais negras e fondas,
E busqueinas en vano, que sempre
Tras da noite topaba ca aurora……
So en min mesma buscando no oscuro
I entrando na sombra,
Vin a noite que nunca se acaba
Na miña alma soia.
Rosalía De Castro: Follas Novas
xoves, 25 de xullo de 2013
sábado, 20 de xullo de 2013
Pedras E Atrancos No Camiño
Hai veces na vida
que nos toca camiñar entre pedras, fentos, silvas e outros atrancos. Isso moléstanos,
tropezamos, imos máis devagar, pero non desistimos da nosa viaxe!
martes, 16 de xullo de 2013
Ledicia De Encontro Inesperado Sen Sentirte
Ledicia!
Ledicia da túa imaxe,
Viaxeira de um coche fugaz, nos meus olhos.
E ti, que sabes da miña ansia de ti,
Ti, que sabes das miñas ganas
de tocar a tua pel,
achegácheste a
min
igual que unha estrela rutilante!
Mas eu,
estatua de mármore momentânea,
non o fixen...
Só ollaba para ti,
Com esas olladas que o din todo.
Todo o que a boca non fala...
E eu só ollaba,
Apagando con sorrisos o lume interior
Que berraba para que eu
estirase o brazo,
estirase o brazo,
Estirase a man,
para tocarte e sentir ...
para tocarte e sentir ...
Sentirte.....
Mas... Non o fixen...
E Eu non te sentín...
xoves, 11 de xullo de 2013
Berrar O Segredo Do Teu Nome
O teu nome..
Ai o teu
nome!
Quixera
berrar o teu nome
Forte, moi
forte,
Alto, moi
alto...
Decir a berros ese nome
que adoro!
que adoro!
Mas non o digo
Nin a media voz,
Nin en susurros...
Non ouso nin sequera
soletrealo!
E así,
deste xeito,
El fica alá...
Gardado no fondo
do meu corazón
do meu corazón
Ata que um
dia,
Num berro da
miña alma impaciente,
sópreo ao
vento,
E entón xa nunca
máis
será Um segredo!
O meu
Segredo!
mércores, 3 de xullo de 2013
O Mar Continúa Alí
O
mar...
Lembras
amor?
Él
continúa o seu vaivén incesante
arriba
e abaixo.
Él
ven a romper contra as rochas...
Esas
mesmas rochas que saben do noso primeiro bico.
Esas
rochas que saben
da tua ansia loca de min...
Das
túas palabras emocionadas...
Do
teu fío de voz,
rouca
de pasión...
Do
meu arrepío
ao roce dos teus dedos...
Da
resposta que o meu corpo quería dar...
Si...
é verdade...
O mar continúa alí...
A rocha continua alí...
Só
ti e mais eu,
malpocados
viaxeiros da saudade,
ai!,
non estamos...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)