venres, 17 de maio de 2013

Letras Galegas 2013: Vidal Bolaño

E hoxe o Día Das Letras Galegas está dedicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

Deixo un fragmento de unha das súas obras teatrais. Moi boa a imaxe poética sobre o galego e os que queren a súa desaparición.

TODOS: Non hai raio que te entenda.
XAXARA: Esta terra é terra boa e como tal ten moitas cousas de seu. Como a fala, porexemplo. Se nos quitan esa fala, fan que o noso
sexa seu. E si por riba rematan cos costumes,coas cantigas, cos bailes e coa música que a xente e a terra nos deu, xa non seremos ninguén e todo o noso poderá ser dos xigantóns coma el.
TODOS: E que temos que facer?
XÁXARA: Xustamente aquilo que non quere el! Escoitade raparigos, escoitade o que vos digo. Se se lle toca no ouvido revírase de tal xeito a cachola que nin sequera pode ollar de esguello. E cando lle soa moi preto unha gaita, non pode terse de pé e brinca e reviravolta a eito coma se o levara o máis fero dos ventos. E se por riba aínda, se lle fala en galego, engrúñase coma un vermiño, perde os folgos polo cú, escomeza a tremar co medo, énchenselle as latas de buracos e remata trocándose de súpeto nun pequecho e porcallento rato...
"XÁXARA, PEITUDA, PANIOGAS, TARELO, O RAPAZ E O CACHAMÓN"

 ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Ningún comentario:

Publicar un comentario