xoves, 30 de maio de 2013

Amigo, Non Me Deixes Marchar

Amizade é un sentimento do que todo mundo gusta falar
Moitas palabras se teñen escrito
Idealizando os amigos que sempre fican ao noso lado.
Zafiros e diamantes case non brillan a carón dos amigos.
Difícil é para sempre conservalos...
E por iso eu agora digo: 
Ti que es meu amigo, non me deixes marchar...
Podo non querer voltar!!!

martes, 28 de maio de 2013

Podes Ter Confianza En Min

Confianza é unha palabra moi fácil de dicir.
O que xa non é así tan doado é realmente confiar.
Non é que sexa imposible. Mais todos sabemos:
Fiables son moi poucas persoas ao noso redor.
Ilusionámonos con alguén e confiámoslle os nosos segredos,
As nosas esperanzas máis íntimas, e, infelizmente,
Non garda o segredo, non é confiable e espalla
Zigzagueante, cal bolboreta no ar
Aquilo que prometeu gardar.
                                        Pero ti, si, ti que me estás a ler, 
sabes que ese teu segredo,
ese que a medias partillamos, 
fica seguro comigo.
Só ti e mais eu sabemos...

sábado, 25 de maio de 2013

Enraizado No Pensamento Sen Esquecemento


Moito esperaba por este día.

Aínda que ela non o dicía.

Reinaba no seu interior a ilusión.

Ía poder verte, ía poder tocarte!
Ai, amor que se foi polo aire...
Deixaches no olvido a túa promesa.   

Esqueceches de onte para hoxe

Lonxe ficades, ti dela, e ela de ti.


Coitada, o día pasou a se laiar.

A pensar e maquinar como te esquecer.

Ruxía o vento na súa fiestra

Moitas nubes polo ceo correron

E ti, enraizado, sempre no seu pensamento.

Nunca chegará o esquecemento?!

venres, 17 de maio de 2013

Letras Galegas 2013: Vidal Bolaño

E hoxe o Día Das Letras Galegas está dedicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

Deixo un fragmento de unha das súas obras teatrais. Moi boa a imaxe poética sobre o galego e os que queren a súa desaparición.

TODOS: Non hai raio que te entenda.
XAXARA: Esta terra é terra boa e como tal ten moitas cousas de seu. Como a fala, porexemplo. Se nos quitan esa fala, fan que o noso
sexa seu. E si por riba rematan cos costumes,coas cantigas, cos bailes e coa música que a xente e a terra nos deu, xa non seremos ninguén e todo o noso poderá ser dos xigantóns coma el.
TODOS: E que temos que facer?
XÁXARA: Xustamente aquilo que non quere el! Escoitade raparigos, escoitade o que vos digo. Se se lle toca no ouvido revírase de tal xeito a cachola que nin sequera pode ollar de esguello. E cando lle soa moi preto unha gaita, non pode terse de pé e brinca e reviravolta a eito coma se o levara o máis fero dos ventos. E se por riba aínda, se lle fala en galego, engrúñase coma un vermiño, perde os folgos polo cú, escomeza a tremar co medo, énchenselle as latas de buracos e remata trocándose de súpeto nun pequecho e porcallento rato...
"XÁXARA, PEITUDA, PANIOGAS, TARELO, O RAPAZ E O CACHAMÓN"

 ROBERTO VIDAL BOLAÑO

domingo, 12 de maio de 2013

Aprender O Idioma Das Árvores

"Eu queria aprender o idioma das árvores.
Saber das canções do vento nas folhas da tarde.
Eu queria apalpar os perfumes do sol."
                                       Manoel de Barros

venres, 10 de maio de 2013

Día Mundial Do Lupus, 10 De Maio

No día 10 de maio celébrase o día mundial do Lupus. É unha forma de cocienciar á poboación sobre esa enfermidade crónica autoinmune e que atinge a máis de 5 millóns de persoas en todo o mundo.
Este ano, o “lema” da campaña é unha man extendida en forma de L...
Esta campaña conta con moitos seguidores, persoas anónimas e tamén persoas coñecidas. Unha das persoas famosas que se uniu moi pronto a esta campaña é Chris Martin, o cantante de Clodplay.
Os que me coñecedes, e tamén os que sodes seguidores ou lectores do blogue, sabedes que sempre me gustou Coldplay...
Ás vezes gústanos un cantante ou un grupo e non sabemos o porque..
As músicas, as melodías, as palabras das cancións...
Fan que se mova algo no noso interior... E ás vezes gústannos porque sabemos que hai algo máis...
Algo que chega ata alá, ata o fondo do corazón e fica alá...
E este é o Cris Martin, bo músico e tamém boa persoa...
Que non fica afastado dos problemas da sociedade...
Aí está ele na campaña LupusHandSign

sábado, 4 de maio de 2013

Passa Uma Nube Pelo Sol

                                                 Passa uma nuvem pelo sol 
  Passa uma pena por quem vê. 
                                           A alma é como um girassol: 
Vira-se ao que não está ao pé. 
Passou a nuvem; o sol volta. 
A alegria girassolou. 
Pendão latente de revolta, 
Que hora maligna te enrolou?
Fernando Pessoa