luns, 1 de abril de 2013

Saudade E Lembranzas Alegres

Hai veces en que sentimos inmensas saudades de persoas que xa non están aquí, de persoas que sabemos xa nunca poderán estar ao noso carón....
E ás veces, eu sei, esa saudade provoca unha dor inmensurable...
Pero non debemos deixarnos arrastrar pola dor... Temos que tratar de arrinca-la de dentro de nós e deixa-la saír....
Se podemos chorar, choremos, as bágoas axudan...
Se podemos oír música, tamén a música axuda...
E buscar un lugar no que poidamos berrar alto, berrar forte para botar fora ese grito que nos afoga o peito e así deixar dentro de nós só as lembranzas alegres...
Pois é verdade que aqueles que amamos sempre están con nós... Por iso a lembranza é boa... E de seguro que o lembrar eses momentos felices vai facer aparecer un sorriso no noso rostro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario