xoves, 28 de febreiro de 2013

Saber Camiñar E Deixar Pegadas Doces

E neste noso camiñar pola vida está claro que algo do camiño vai apousentando en nós. Algo vai deixando a súa marca...

 Pero tamén é certo que vamos deixando algo de nós no camiño e  na xente... E é bo que isto pase porque “poder deixar doces pegadas no corazón de un amigo, fai parte de saber camiñar con amor”.....

martes, 26 de febreiro de 2013

Pachy E Mary: Que Dúas!

E aí estades as dúas... Que dúas!!! A sorrir! Pachy e Mary, Mary e Pachy!

E hoxe que a dor está con unha de vós, alí está tamén a outra... Así os momentos duros e o susto pasan axiña e o sorriso xa está aquí outra vez, na vosa cara e na miña tamén!

venres, 22 de febreiro de 2013

Dicir, Falar, Ollar, Sentir E Escoitar

Algunha xente pensa que hai certas cousas que se din mellor estando calados...
Si... É certo, hai cousas que se din mellor simplemente con un ollar...
Pero tamén é bo poder dicir abertamente os nosos sentimentos e saber que temos alguén que nos escoita. Saber que alguén está á espera do que nós temos por dicir....
E que bonito é escoitar aquelas palabras que desexamos na boca desexada...
Por iso, se tés algo que dicir, non fiques calado. Corre, vai axiña e di todo o que encerras na túa alma! A vida é un suspiro... Non deixes nada por dicir!

martes, 19 de febreiro de 2013

De Lonxe Heite De Amar

De lonxe  heite 
de amar,
da tranquila distancia
en que o amor 
é saudade
e o desexo,
constancia.
Cecília Meireles

sábado, 16 de febreiro de 2013

Chove Para Que Eu Soñe

 “Caen as follas...
Sinto unha cousa
Que se pousa en min e non me toca.
E chove para que eu soñe,
Para que eu soñe
Fala a tarde baixiño.”
         Uxío Novoneyra          

xoves, 14 de febreiro de 2013

Conmemorar O Amor Por San Valentín

E parece que hoxe é o día oficial de festexar o amor.
O día de San Valentín.
Eu penso que hai que mimar o amor todos os días, con palabras cariñosas, con aloumiños suaves, con bicos roubados, con abrazos apertados, con momentos apaixonados... Cultivar o amor as vinte e catro horas, todos os días do ano... Mais non quero quedar atrás e... Vamos alá a conmemorar pois! 

"Amo como ama o amor. Não conheço nenhuma outra razão para amar senão amar. Que queres que te diga, além de que te amo, se o que quero dizer-te é que te amo?" Fernando Pessoa 

mércores, 13 de febreiro de 2013

Quitar A Máscara É Mellor

E xa por fin, hoxe mércores de cinza, xa é a hora...
A hora de poder quitar de enriba de nós a carauta que puxemos estes días de carnaval...
Veña!!! Ti, si, ti tamén!!! Non fiques con ela posta...
É hora de voltarmos a ser nós mesmos... 




"Quitei a máscara e vinme ao espello.
Era a criatura de hai cantos anos.
Non tiña mudado nada...
É esa a vantaxe de saber quitar a máscara.
Ése sempre pequeno.
O pasado que foi
A criatura.
Quitei a máscara e volvín poñela.
Así é mellor,
Así sen máscara.
E volto á personalidade como a un término de liña."
Álvaro De Campos, in “Poemas”.
Heterónimo de Fernando Pessoa.

sábado, 9 de febreiro de 2013

Xa É Tempo De Carnaval!

E polo que parece xa estamos de cheo metidos no Carnaval...
Carnaval, Entroido, esa época en que podemos poñer unha máscara e finxir que somos outra persoa... Outra persoa mellor ou peor... Aquela que sempre quixemos ser...
Pero eu tamén coñezo moitas que levan a carauta posta o ano enteiro. Persoas que saben finxir. Persoas hipócritas que por diante aparentan unha cousa e por detrás son de unha forma totalmente diferente. Persoas con éxito a quen a sociedade festexa e os amigos admiran.
E eu que sempre vou coa verdade por diante... Hai veces que me pregunto: Debería mudar a miña forma de ser? Debería eu tamén levar carauta o ano enteiro?? Sería eu capaz de facelo???

luns, 4 de febreiro de 2013

Camelia Branca Do Ar: 25000 Grazas

E así, paseniño, case sen querer o blogue Camelia Branca Do Ar atinxe as 25.000 visitas, 25.000 cariños de persoas amigas. Eu, agradecida, só podo decir iso: Moitas grazas a todos os que estades aí a seguir, a ler, a ver o que eu escribo....
Por iso hoxe volvo a deixar o poema de Federico García Lorca que dá nome ao Blogue: Camelia Branca Do Ar. E deixo o poema e deixo canción... Que os disfrutedes e como sempre: Muito Obrigada!... Thank You Very Much!... Merci Beaucoup!... ¡Muchas Gracias!... Tante Grazie!... Danke Schön!... ¡Moitas Grazas!

sábado, 2 de febreiro de 2013

Dime Amor Como Te Son Querida

Dime, amor, como te son querida,
cóntame a gloria do teu soño eleito,
Aníñame a sorrir xunto ao teu peito,
Arráncame dos pantanos da vida.


Embriagada en unha estraña lidia,
Traio nas mans o corazón desfeito,
Móstrame a luz, ensíname o precepto
Que me salve e levante redimida!

Florbela Espanca