domingo, 27 de xaneiro de 2013

Por Camiños De Luceiros



Por camiños de luceiros
enfondados na distancia,
a túa voz sinfoniza
os ecos da miña alma.
Luis Amado Carballo

domingo, 20 de xaneiro de 2013

Amigos Para Sempre

Nestes días de chuva e vento, hai momentos de conversa arredor dun café, en que inevitablemente se termina falando da amizade.
E eu penso que a amizade hai que sentila. Pero ten que ser un sentimento de ida e volta... Quero dicir que para que haxa amizade necesítanse polo menos dúas persoas. Non se pode ser amigo de alguén se ese alguén non quere.
Por iso encontro moi acertado aquel vello refrán que di: “Quen ten un amigo, ten un tesouro”!
Un amigo, esa persoa especial con quen podemos compartir, partillar xogos, lecturas, poemas, películas, música... E claro está, tamén compartimos aqueloutra parte de nós que ninguén máis coñece: os nosos segredos!
E sabemos que podemos confiar en que continúen a ser iso: SEGREDOS

venres, 18 de xaneiro de 2013

Momentos De Vivir A Vida

Momentos de inmovilidade... Tempos de cambios, de mudanzas nas nosas vidas... Momentos de grande alegría ...Fases de tristeza... Todos sentimos... É normal... Somos humanos, e é sinal de que estamos vivos... Sinal de que estamos a vivir a vida! Iso é o que importa... Por iso: Vive A Vida!

sábado, 12 de xaneiro de 2013

¡Viva A Música: Melodía E Ritmo!

A estas alturas xa todos sabedes que adoro a música... Calquera tipo e estilo de música... E é que a Música di todo. Ela expresa todo o que queremos dicir... A música fala todas as linguas... Con palabras, sen palabras... E por iso todo o mundo comprende e sinte cada vez que escoitamos un son...Con melodía, con ritmo... A Música está aí ao noso lado en calquera ocasión... Nos mellores momentos e tamén nos outros... Sempre que o precisamos... Por iso: ¡VIVA A MÚSICA!!!!!!!!!

xoves, 10 de xaneiro de 2013

¡Son Aquela!


¡Son aquela!
 Son aquela sempre soia
que paseaba a ribeira
a ver si nela atopaba,
a ver si nela afogaba.
María Mariño

sábado, 5 de xaneiro de 2013

Admirar Os Pequenos Detalles Da vida

E aquí estamos en un novo comezo de ano... E é bo lembrar que a vida comeza todos os días...
E é bo poder ter a capacidade de poder admirar as cousas belas da vida... Mesmo os máis pequenos detalles! ... E é bo espirnos de nós mesmos e admirar a vida coa alma de ese neno que aínda latexa en nós!!!!!