E é nestas datas que nos decatamos tamén da
difícil situación que estamos a pasar.
Miro ao meu redor e persoas que antes eran un
axóuxere, agora están a se tornar pesimistas e fican desilusionadas e sen gañas
de continuar a loitar no seu día a día...
E eu sempre lles digo que todo o mellor está
por vir:
Días mellores que hoxe están aí, á nosa espera.
Días de ceos azuis que levarán para moi lonxe as nubes da tristura ...
Días de augas tranquilas e calmas que lavarán a
desconfianza e deixarán apenas sorrisos nos nosos beizos. Sorrisos a aledar as
nosas caras e a iluminar os nosos corazóns!...
Grazas Carme, por regalar un pedaciño de ceo azul nestes días grises de decembro.
ResponderEliminarUnha aperta grande!
Amiga Navegacruz, Moitas grazas a ti! As túas palabras anímanme a continuar aí, e non desistir de escribir!
ResponderEliminarUn bico para ti!