mércores, 12 de decembro de 2012

Días De Ceos Azuis

E parece que o Nadal xa anda por aí...
E é nestas datas que nos decatamos tamén da difícil situación que estamos a pasar.
Miro ao meu redor e persoas que antes eran un axóuxere, agora están a se tornar pesimistas e fican desilusionadas e sen gañas de continuar a loitar no seu día a día...

E eu sempre lles digo que todo o mellor está por vir:
Días mellores que hoxe están aí, á nosa espera.

Días de ceos azuis que levarán para moi lonxe as nubes da tristura ...
Días de augas tranquilas e calmas que lavarán a desconfianza e deixarán apenas sorrisos nos nosos beizos. Sorrisos a aledar as nosas caras e a  iluminar os nosos corazóns!...
 

2 comentarios:

  1. Grazas Carme, por regalar un pedaciño de ceo azul nestes días grises de decembro.
    Unha aperta grande!

    ResponderEliminar
  2. Amiga Navegacruz, Moitas grazas a ti! As túas palabras anímanme a continuar aí, e non desistir de escribir!
    Un bico para ti!

    ResponderEliminar