sábado, 24 de novembro de 2012

Ás Para Voar Lonxe No Ceo

Todos temos ás... 
Que sí, amigos, aínda que hai quen non o cree, todos temos ás para voar polo ceo da vida... O único que temos que facer é aprender como usalas para voar lonxe, moi lonxe. Tamén debemos saber compartir voos cando cumpra... Ás veces estamos tristes ou desalentados e non temos vontade de voar... E partillar axuda a dar impulso ás nosas ás para poder levantar o voo, afastarnos de rente o chan  e poder así continuar esta nosa viaxe un pouquiño máis felices.

3 comentarios:

  1. Profe, que guapa estás nesa paisaxe tan bonita marítima. A mín guataríame voar, que pena que non poidamos. A canción é moi bonita, a mín da canción o que máis gustame é o ritmo. Moitos bicos e apertas de tu alumna Isabel 6º B.

    ResponderEliminar
  2. ola, Isabel!!!
    Claro que temos ás e podemos voar!!! Usamos a nosa imaxinación e xa levantamos os pés do chan para poñelos onde nós queiramos... Só falta imaxinar... E... Xa está!!!

    ResponderEliminar