domingo, 22 de abril de 2012

Día Do Planeta Terra

O Día da Terra foi ideado polo senador americano Gaylord Nelson, no día 22 de Abril coa finalidade de crear unha consciencia común aos problemas da contaminación, de conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.
Disto xa hai máis de 40 anos, e desde entón o Día da Terra, no 22 de abril, ten inspirado e mobilizado moitas persoas e organizacións en todo o mundo para demostrar o seu compromiso coa protección ambiental e asustentabilidade...Coidar da  Terra é tarefa de todos!!

E agora deixo uns versos dun  poema de F. Pessoa, un dos meus poetas predilectos... Ninguén como el para cantar a beleza que está ao noso arredor!

Deus quer, o homem sonha, a obra nasce.
Deus quis que a Terra fosse toda uma,
Que o mar unisse, já não separasse. 
....................................................
E viu-se a Terra inteira, de repente,
Surgir, redonda, do azul profundo.

E para os que vos gusta a música unha canción de Michael Jackson: Heal The World

2 comentarios:

  1. Profe, tanto a canción como a Terra en forma de corazón en canto o vin dixén:
    -Guauuuu, que chulada!!!
    A praia tamén gustoume pero non tanto, pero eso si temos que intentar coidar a Terra.
    Apertas e bicos da túa alumna Isabel.

    ResponderEliminar
  2. Ola, Isabel!
    Tés toda a razón: o corazón da Terra é moi bonito e a canción tamén...
    E de verdade que o noso Planeta necesita que todos o coidemos.

    Un bico!

    ResponderEliminar