miércoles, 28 de diciembre de 2011

Mirar A Vida Pasar

A vida merece a pena de ser vivida, non podemos quedar encerrados dentro de nós mesmos, presos na nosa cuncha, e ver como a vida e as oportunidades de disfrutar pasan diante da nosa porta...
Non basta só con mirar, hai que saber apreciar o mellor que temos diante de nós... E ese algo hai que aprecialo non só cos ollos senon que tamén hai que admiralo coa mirada do corazón... Sentir e deixarse sentir... Porque sentir é algo único e intenso e ninguén pode sentir por nós... Cada un ten que vivir as súas propias experiencias, sentir as súas propias emocións...
Non vale só con ollar como son os outros os que disfrutan da vida... Hai que saír ao encontro das emocións e saber aprecialas... Hai que encantarse co que pasa ao noso redor e deixarse encantar por toda a beleza que no mundo hai... E sentir todo iso alá... No profundo da alma...
E entón... Xa non importará desde donde contemples a vida...
 Podes escoller ollar desde o alto... Alá ben arriba... Ou, se é a tua escolla podes abaterte e mirar desde embaixo... Mesmo por un buratiño podes ver o mundo... Xa non importa, porque xa non estás aí só de mero espectador... Ti tamén formas parte do diario acontecer do mundo... Ti tamén formas parte da vida!!

2 comentarios:

  1. Está muy simpática la foto de la piedra agujereada.

    ResponderEliminar
  2. Por ahí también pasamos nosotros cuando hicimos el Camino De santiago Portugués desde Oporto con Tino Lores

    ResponderEliminar