sábado, 31 de decembro de 2011

FELIZ 2012

Que no ano 2012 atopes o camiño para realizar os teus soños con todas as cores de todas as flores desta vida e todas as alegrías capaces de facerte sorrir...
Porque sempre hai un motivo para ser feliz: BÓTALLE UN SORRISO AO MUNDO E FAI FELIZ A TODA A XENTE QUE ESTÁ AO TEU ARREDOR!!!!!!
Anonovo-camelia


PARA ESCOITAR A MÚSICA CLICAR NA FRECHA NEGRA

mércores, 28 de decembro de 2011

Mirar A Vida Pasar

A vida merece a pena de ser vivida, non podemos quedar encerrados dentro de nós mesmos, presos na nosa cuncha, e ver como a vida e as oportunidades de disfrutar pasan diante da nosa porta...
Non basta só con mirar, hai que saber apreciar o mellor que temos diante de nós... E ese algo hai que aprecialo non só cos ollos senon que tamén hai que admiralo coa mirada do corazón... Sentir e deixarse sentir... Porque sentir é algo único e intenso e ninguén pode sentir por nós... Cada un ten que vivir as súas propias experiencias, sentir as súas propias emocións...
Non vale só con ollar como son os outros os que disfrutan da vida... Hai que saír ao encontro das emocións e saber aprecialas... Hai que encantarse co que pasa ao noso redor e deixarse encantar por toda a beleza que no mundo hai... E sentir todo iso alá... No profundo da alma...
E entón... Xa non importará desde donde contemples a vida...
 Podes escoller ollar desde o alto... Alá ben arriba... Ou, se é a tua escolla podes abaterte e mirar desde embaixo... Mesmo por un buratiño podes ver o mundo... Xa non importa, porque xa non estás aí só de mero espectador... Ti tamén formas parte do diario acontecer do mundo... Ti tamén formas parte da vida!!

xoves, 22 de decembro de 2011

É Nadal!... Feliz Nadal!!

Xa é Nadal!!... Feliz Nadal!!
Que nunca nos falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender e alguén a quen querer!!
Soños no Nadal


PARA ESCOITAR A MÚSICA CLICAR NA FRECHA NEGRA

xoves, 15 de decembro de 2011

Cruzar O Ceo E O Mar

Cando levanto a vista hacia o ceo e miro os paxaros voar libremente, sinto envexa deles, do seu voo sen ataduras, da súa perspectiva desde alá arriba...
E é entón cando penso: Que bonito sería poder voar lonxe... Cada vez máis lonxe... Poder cruzar o ceo e o mar... Atravesar as nubes... Balancearse co vento, deixarse levar... E ver o mundo dende o alto, moi alto... Sen límites...

mércores, 7 de decembro de 2011

O Mar Sempre Presente Na Miña Vida

Desde que eu teño memoria o mar está moi presente na miña vida...
O mar... Aquel mar que eu ollaba desde a fiestra da casa da miña avoa...
O mar... Aquel mar que eu case tocaba cada día que me dirixía á escola...
O mar... Aquel mar sempre igual... E sempre distinto en cada estación...
O mesmo mar que un inverno, para demostrar quen era, me deixou sen camiño por onde chegar ó colexio... A sua forza todo levou...
O mar presente tamén nos domingos ao saír de misa... Qué maravilla era achegarnos ata a praia e competir a ver a quen lle daban máis botes os croios ao seren lanzados sobre as ondas!
O mar... Aquel mar tamén das tardes de verán...
O mar... Sempre o mar...
E gustábame estar así... Simplemente a ollar... Ás veces a sua cor... Ás veces máis alá... Quen sabe o que? Ao mellor... Nada... Simplemente... O mar...
Se cadra é por iso que aprendín a ter ben collido o temón da miña barca na vida... Se cadra, é por iso, que eu souben sempre agarrar ben forte o remo e ser quen de navegar nas augas , ás veces calmas, lisas coma pratos, mais tamén, ás veces bravas, que o mar da vida me ofrecía...
 Se cadra... É por iso que eu podo ollar máis alá e dirixirme cara ao futuro, con confianza... Sen temor...
Sei... Que os meus... Van estar sempre aí a me acompañar...

xoves, 1 de decembro de 2011

Unha Nena Chea de Soños

Había unha vez unha nena de aldea chea de soños... Esa nena vivía feliz, mais sempre tiña curiosidade por saber máis e máis... Nunca ficaba contenta, sempre quería saber máis...
Felizmente, na súa vida, cruzáronse persoas maravillosas que a axudaron a que todas as súas ansias se cumpliran, se fixeran realidade...
Cando se trasladaba a Pontevedra, coa súa nai mercar algo, ela , a través das ventás do trolebús, sempre ollaba unha bonita casa cun xardín donde xogaba, soa, unha rapaza... E a nosa nena soñaba que era a súa amiga e que podía xogar naquel maravilloso xardín... E sabedes unha cousa?? A nena da nosa historia chegou a ser a mellor amiga da rapaza solitaria...
 Ai, a miña amiga Chus!!! Cantos pinchacarneiros e reviravoltas temos dado naquel céspede tan coidado, .... E as merendas....
 E a nena da nosa historia tivo profesoras estupendas que non só lle ensinaron as ciencias do saber, senón que tamén cultivaron a súa voz para ela ainda hoxe cantar como canta... Desenvolveron as súas dotes interpretativas, tentando sacala daquela súa timidez enfermiza... En fin... Ela admiraba tanto estas súas profesoras que ela desexaba algún día poder ser como elas... 
E... Claro... Conseguiuno... E agora... Ela chegou a ser, segundo os seus alumnos, "a mellor profesora do mundo"... Só porque ela fai o mesmo que ela ollou facer... Ela canta, baila, dramatiza... E mesmo "Bloguea"....
Mais todo isto non seria posible sen algo primordial que alguén tamén lle ensinou: Todo o que fagas, faino cun sorriso iluminando a tua cara... Un sorriso consigue maravillas!!!