xoves, 3 de novembro de 2011

Os Amigos Son Pontes

Na nosa vida sempre vamos precisar dos amigos. Xente que sexa capaz de nos indicar direcións, que sexa quen de buscar a senda certa pola que temos que pisar... 
 Persoas que poidan despertar o que temos de mellor no noso interior e axudarnos a deixar atrás todo o que sexa indesexable, e que supoña unha carga para nós...
 Sempre é mellor camiñar lixeiros, sen rémoras que atrasen o noso ritmo, que retarden a nosa marcha...
É bo ter amigos, eles son as pontes que nos axudan a pasar mellor sobre o río da vida... Eles son as pontes que nos fan chegar máis alá de nós mesmos, aos lugares máis distantes...
As augas do río da vida, ás veces pasan calmas... Mas ás veces son augas turbulentas e as cordas desa ponte que son os amigos, as súas mans mantéñennos firmes no noso camiño... 
 Eles anímannos a continuar, a seguir sempre en frente, para conquistar axiña a outra beira do río, sen renunciar a todo o mellor que na vida podemos atopar...

2 comentarios: