jueves, 17 de noviembre de 2011

Coraxe e Confianza Para Sortear Os Obstáculos Da Vida

Penso que a todos nos gusta vivir a vida... A mim, particularmente, non me gusta esperar sentada na porta da casa a ver a vida pasar... Mas, ás veces, como dicía Shakespeare, as dúbidas son traidoras, e fannos perder o que con frecuencia poderiamos gañar, simplemente por medo a arriscarnos... E case preferimos quedar arredados, ficar á marxe de todo...
Por iso son da opinión de que aínda que nos encontremos con algúns atrancos no noso camiño, non debemos ter dúbidas, debemos ter  capacidade de decisión e saltar por riba deles, sen medo a arriscar, sen medo a ficar magoados... Peor é non tentar... O que hai máis alá dese obstáculo, a nosa vida, merece a pena de ser vivida...
Outras veces, é o noso camiño na vida que nos leva por carreiros dificultosos, e mesmo nos parece que non hai ningunha saída... que non podemos camiñar máis,que non podemos dar un só paso máis...Que temos que recuar ou ficar aí parados, estáticos, para sempre... Mas con coraxe e confianza no futuro, podemos buscar nós esa saída... 
 Sempre encontraremos un oco onde pousar o noso pé, unha man amiga para nos afianzar e poder dar o paso seguinte... con coraxe... E con confianza sempre!!!

2 comentarios:

  1. Profe, que atrevida eres o saltar o tronco e o meterte por baixo desas ramas.

    ResponderEliminar
  2. ¡Hola, Isabel!
    ¡Pues, sí, ya ves que esta profe se atreve con todo!!
    En la vida hay que estar preparada para todo lo que nos pueda pasar y para todo lo que encontremos por delante!!
    Besiños
    Mary Carmen

    ResponderEliminar