xoves, 27 de outubro de 2011

No Camiño Da Vida

Xa fai moito tempo, alguén dixo que a nosa vida é un camiño... Eu, que adoro camiñar, estou completamente de acordo con esa definición...
A vida é un camiño que cada un ten que percorrer...
Nel, podemos atopar rectas, curvas, subidas, baixadas, sendas fáciles e outras non tanto...
Nese camiño temos que estar preparados para todo o que poida acontecer... Adversidades, situacións inesperadas, problemas que requiren de toda a nosa atención, e que, se cadra, impídennos disfrutar de todo a beleza que nos rodea...


Mas non podemos deter a marcha... Precisamos de continuar... Nunca debemos desistir, nin tirar a toalla...
Sabemos que a nosa meta está a nos agardar... E que os nosos soños teñen que pasar a ser realidades...
Non podemos perder o tren da vida... E tampouco queremos quedar no vagón de cola...
Por iso, aínda que no teu ceo, agora brille un sol radiante de esplendor, non deixes o paraugas do teu sorriso atrás... Nunca se sabe cando a nube das dificultades vai aparecer para descargar sobre ti...

venres, 14 de outubro de 2011

Cada Día O mellor De Min

Teño consciencia de ser enfermizamente tímida... Mais... Procuro superar cada día a miña propia personalidade... E esa é a imaxe que quero mostrar: Superación!!!
O importante é sementar... Producir millóns de sorrisos de solidariedade e de amizade...
Procuro sementar optimismo e plantar sementes de paz e de xustiza...
Digo o que penso coa esperanza de ser comprendida... Mais... Sen magoar a ninguén...
Penso no que fago, coa ilusión de facer cada día o máis e o mellor... Coa ilusión de dar cada día  o mellor de min...


Quero chegar ao cume máis alto que poida acadar... Aínda que sexa pasiño a pasiño, devagariño...
Fago o que debo facer...E aínda máis!!! Mas ...Sempre con amor polo traballo ben feito...
Eu... Esfórzome por ser cada día melhor... Pois... A bondade... Tamén se aprende!!!

sábado, 8 de outubro de 2011

Un Sorriso Sempre É Mellor

Sorrí aínda que a dor te torture,
a saudade te atormente 
e os teus días pasen tristeiros e valeiros...

Sorrí cando todo termine,
cando nada máis che reste
do teu soño encantador...

       
Sorrí aínda que o sol perda a súa luz 
e sintas unha cruz
sobre os teus ombreiros doloridos...

Sorrí...E así irás mentindo á túa dor...
E ao notar que ti sorrís,
todo mundo irá supor...
Que ...Ti... ES FELIZ...

Charles Chaplin


mércores, 5 de outubro de 2011

Dime Todo Con Amor

Se ti ves que teño defectos que dificultan o meu camiño, axúdame a superalos... Pero con amor...
Se ti ves que camiño nunha dirección errada, sinálame o camiño certo... Pero con amor...
Se é que hai algo de min que non che gusta e che molesta, faimo saber... Pero con amor...
Se ves que a miña vida se dispara hacia un túnel sen saída, advírtemo... Pero con amor...


Se non son como teño que ser, non pretendas que sexa coma ti...
Mais se ti vives na verdade e eu na mentira, dime como se sae dela... Pero con amor...
Se fai tempo que perdín o norte do meu vivir, axúdame a atopalo... Pero con amor...
Se pensamos de forma diferente, mais aínda crees que podemos camiñar xuntos... 
Confía en mim e tentémolo de novo... Pero con amor...
Dime... Dime todo o que TI queiras... Pero iso si... 
Faino sempre... CON AMOR