miércoles, 28 de septiembre de 2011

Un Sorriso Para Alegrar A Vida Dun Amigo

Para sermos amigos, non é preciso gustarmos das mesmas cousas...
Basta apenas, con facermos o outro sorrir...
Porque sorrir... Aínda é o mellor remedio contra todo...
E tamén é o mellor remedio de espantar a tristura...
Por iso, a cada novo día, abre o teu mellor sorriso
e corre atrás de seres feliz...

Sorrí ao despertares...
Sorrí ao veres o sol...
Sorrí ao sentires o vento na pele...
Sorrí aínda que sexa sen motivos...
Simplemente...Sorrí...

Mas... Non te escondas detrás dese sorriso...
Mostra todo aquilo que ti es...Sen medo...
Pois existen persoas, coma min, que soñan co teu sorriso...

A calquera distancia...En calquera instante,
é posible abrirmos o s ollos para dentro,
sintonizar o corazón e enviar un sorriso de amor...

Os amigos de verdade non precisan palabras...
Conversan só cos ollares...
E... Así... Da nada...
Un sorriso doce se abre
e é entón cando nos decatamos
de canto precisamos daquela persoa...

2 comentarios: