venres, 16 de setembro de 2011

A Nosa Vida É Unha Viaxe

Hai persoas que ven a vida como unha viaxe...Ao nacermos, chegamos nus... Sen nada... Mais para a tal viaxe necesitamos levar equipaxe...
Así, ao comezo da vida, cargamos apenas con un maletín de man... Pero pouco a pouco, a nosa bagaxe vai aumentando... Pois hai moitas cousas que vamos recollendo polo camiño e que pensamos que son importantes...
Pero, chegados a unha estación da nosa viaxe, comeza a ser imposible cargar con tantas cousas... Pesa demáis...Entón é necesario facer algunha escolla:
Ficar sentados á beira do camiño, a esperar que alguén nos axude, o que resulta difícil, pois todo o que pasa por alí xa leva a súa carga... Ou podemos aliviar o peso...Valeirar a maleta...

Mais... Que imos tirar??? ... Pois... Moi fácil: botaremos para fóra a rabia, a incomprensión, o pesimismo, o medo... E deixaremos dentro a amizade e o amor, que non pesan...
Despois, con un sorriso quitaremos a tristura e procuraremos meter paciencia, esperanza, entusiasmo, tolerancia... Con bo humor tamén deixaremos de lado a preocupación, e gardaremos equilibrio e responsabilidade...
E a maleta está outra vez preparada para continuar a aventura da vida...
Mas isto non acaba así... Isto terémolo que repetir máis veces...Pois, a nosa vida, é unha longa, longa viaxe...
Aínda que o mellor de todo sería rematar como dicía o gran Antonio Machado: 

    Yo, para todo viaje
   -siempre sobre la madera
    de mi vagón de tercera-,
    voy ligero de equipaje…

 …Y cuando llegue el día del último viaje,
 y esté al partir la nave que nunca ha de tornar,
 me encontraréis a bordo ligero de equipaje,
 casi desnudo, como los hijos de la mar.

2 comentarios: