jueves, 11 de agosto de 2011

A Túa Ausencia

Aprendín a te amar
no doce sentir da túa ausencia.
Ausencia dolorida...
Saudades do bico non sentido...
Do soño non vivido...
Do ollar non refletido.

Inquietos son os meus sentimentos
que por ti non calan.
Tanto para dicirche...

                                             Sen a túa presenza
os meus días non pasan dun mero esbozo
á espera do teu colorar.

Mesmo así, vou deseñando os nosos soños,
mesmo sen comprender...

O meu amor fortalécese
no colo dunha saudade
e na dor da túa ausencia.

Bruno De Paula

2 comentarios:

  1. Me gusta mucho.
    Gracias

    ResponderEliminar
  2. Ola, Teresa,
    a verdade que é moi bonito...

    A min gústanme sobre todo os tres últimos versos:

    "O meu amor fortalécese
    no colo dunha saudade
    e na dor da túa ausencia".

    Iso é o que eu chamo "poesía"...

    A min, algún día, gustaríame escribir así...

    ResponderEliminar