domingo, 14 de agosto de 2011

Ofrenda Floral á Virxe Peregrina-Festas Pontevedra 2011

Estes días estamos na semana grande das festas de Pontevedra. Son as festas "da Peregrina", as festas máis importantes da nosa cidade...
Como sabedes, todo comeza no segundo sábado do mes de agosto, coa lectura do pregón das festas, a ofrenda floral á Virxe Peregrina, e o traslado da carroza ata o santuario da Peregrina, coa súa orixinal forma de cuncha de vieira...

Eu levo participando na ofrenda floral desde que os meus fillos eran pequenos... Xa choveu...
Xa daquela facíame moita ilusión o feito de vestilos coa roupa tradicional galega, que a miña nai axudou a facer e eu bordei con tanto cariño e empeño... Preparar os ramos de flores, que miña avoa buscaba con afán... E alá marchar eu, con eles os catro, a presentar a nosa ofrenda diante da Virxe Peregina...

E aínda agora continúo coa mesma ilusión... A pesares de que agora non somos cinco a estar alí oferecendo as flores... Xa que algúns deles atópanse espallados por España e Francia...


Este ano só fomos dúas, a miña filla Mary, mais eu... Botei moito de menos aos que non estaban... Aínda así a mañá e a experiencia foi moi bonita... Mesmo a climatoloxía axudou con non demasiado calor para poder aguantar sen sofocos todo o que levabamos posto enriba...

O ano que vén volveremos a estar alí coas nosas flores... A que si Mary???
VER AQUÍ AS FOTOS DA OFRENDA FLORAL

4 comentarios:

  1. Com certeza uma maravilha de tradição... E uma maravilha de 2 mulheres lindas, você e sua filha... Com os fatos tradicionais!!
    E a cidade de Pontevedra ficou muito bonita nas fotos... De certeza que têm uma cidade muito linda!
    Os meus parabéns!!! Um dia tenho de passar por lá...

    ResponderEliminar
  2. Olá James... A verdade que si, unha tradición moi bonita e unha maravilha de cidade, Pontevedra...

    Os que a visitan por primeira vez ficam maravilhados...

    Assim que se nao conheces Pontevedra, ficas convidado a passar por cá e dar unha vista de olhos...Quando quisseres...

    ResponderEliminar
  3. Parabéns polas fotos e polo traxe tan bonito que tes. Gústame que haxa oportunidades para lucilo porque a verdade é que eu teño o meu no armario sen poñer dende hai polo menos 18 anos. En Pontevedra tedes ese sabor da tradición tan delicioso!Estiven en xullo paseando por toda a zona antiga e cada vez gústame máis. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Ola, Navegacruz!
    Moitas grazas pola túa visita ao blogue e polas túas palabras...
    Aínda ben que sí, que en Pontevedra temos algunhas tradicións que se manteñen... E unha delas é a ofrenda floral das festas... Aí podemos lucir os noso traxes que agardan todo o ano metidos no arcón esa oportunidade de airearse un pouquiño.
    Tamén estou de acordo en que o casco antigo de Pontevedra é moi bonito...E agora pódese desfrutar paseando por él con tranquilidade...
    Aínda que se ves hoxe...Non hai muita calma pois hoxe "anda o demo solto"...
    (Outra tradición...) :-))
    Ata a próxima!
    Un bico
    Mary Carmen

    ResponderEliminar