miércoles, 24 de agosto de 2011

Loita Contra AsTropas Napoleónicas En Pontecaldelas

O domingo 21 de xullo achegámonos até a vila de Pontecaldelas pois alí ían celebrar unha representación da loita dese pobo e os seus arredores contra os franceses, na época en que Napoleón quería facerse amo do mundo...
A mañá presentouse nubosa, mas non choveu, o que propiciou que numeroso público se dese cita nas rúas de Pontecaldelas para asistir a tal escenificación.

Esta era a 3ª vez que representaban a loita contra as tropas napoleónicas. Nós non tiñamos asistido a ningunha das anteriores, mas non nos arrepentimos de ir alá, pois a verdade é que desfrutamos abondo con todo o que alí aconteceu.
Nada mais chegarmos, xa fomos "asaltados" polo bandoleiro José Baqueiro, armado ata os dentes (como poderedes apreciar nas fotos...)... Menos mal que despois de uns minutos de conversa conseguimos o seu indulto...
 
Nós pudemos ocupar posicións de privilexio desde donde contemplar todo o espectáculo, e él dedicouse, cámara en ristre, a retratar todas as escenas do combate, pois a fotografía é unha das súas paixóns...

En definitiva... Moi bos momentos que recomendamos a todos os nosos lectores, que para o ano que ven, queiran acercarse ata Pontecaldelas, non só para ver a dita escenificación, senón tamén par desfrutar da bonita paisaxe, e do posterior xantar que a continuación se pode degustar nos postos que na alameda están preparados para tal evento...
 Aquí vos deixo unha colección de fotos donde poderedes ver, case paso a paso, a representación da loita contra os franceses. espero que vos gusten...
VER AQUÍ AS FOTOS DA LOITA CONTRA OS FRANCESES

4 comentarios:

  1. Espectacular! Parabéns pelas imagens!

    ResponderEliminar
  2. Olá, Nelson!
    Obrigada, pela sua presenza e o comentário!

    ResponderEliminar
  3. Xenial profe. Todo esta moi bonito, o texto e as fotos son increibles. Parabéns por chegar as 6000 visitas veña animo a ver se chegas as 7000 =)!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Ola, Sonia!!!
    Moitas grazas pola tua visita e polo comentario tamén...
    Que ben que che guste todo o que ves no blogue...
    A este ritmo eu tamén confío en poder chegar ás 7000 visitas... Agora que non sei cando será... Risos...
    E bicos
    Mary

    ResponderEliminar